"Na outra banda dixéronme
os vellos vanse convertendo en arbres
vellas tamén sen follas na cara do sol
agardando sen saber o que
mudos".

Álvaro Cunqueiro

luns, 4 de abril de 2011

Chuvisca no porto

Esta é a columna que me publicaron no suplemento do ABC en marzo. Tal como tiña previsto, tamén me ocupo aquí, sequera como pretexto, de Cunqueiro. Quizais lle acaía máis ser redactada en outono (como se verá pola referencia a un relato de Juan Goytisolo), pero a escrita non fai acordos, e tiña que ser así e agora.

Álvaro Cunqueiro naceu para a literatura sendo poeta: o seu primeiro libro, de 1932, é o poemario Mar ao norde. E na poesía morreu, nesa escola de poetas que é Herba aquí ou acolá, editado por primeira vez en 1980, integrando o volume I (poesía e teatro) da obra en galego completa, que compilou Galaxia. É a edición que agora manexo, na que veño de facer unha lectura cronolóxica da súa produción poética. (Para seguir lendo picar aquí.)

Vista nocturna do porto de Burela.
Fotografía de Antonio Balseiro Tejada, 
publicada na páxina do Concello de Burela